ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DOS CONCELLOS DE DODRO E ROIS

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

Existe unha certeza dentro da comunidade científica sobre a existencia dunha modificación nos patróns “normais” do comportamento da atmosfera. Esta preocupación está avalada por diversos proxectos e programas que investigan sobre a evolución futura de determinadas variables meteorolóxicas e cómo afectarán estas modificacións na sociedade.

A nivel mundial, o IPCC (Panel Intergubernamental ante o Cambio Climático), dispón de estudos nesta orde, o MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente) pola súa banda tamén dispón dunha avaliación dos escenarios futuros das variables climáticas, temperatura e precipitación.

A nivel autonómico, en Galicia, o organismo destinado á predición meteorolóxica (Meteogalicia) xunto coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, desenvolveron unha investigación enfocada ao estudo da evolución das variables climáticas en base a distintos escenarios socioeconómicos.

As evidencias dunha modificación dos patróns normais sobre as variables climáticas, é un feito, e para afrontar este cambio formúlanse dúas posicións: a idea da mitigación ou redución dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), por un lado, e a posición da adaptación ou redución da vulnerabilidade da sociedade e dos modos de vida para axustarse ó cambio, deste xeito moderar os danos posibles, aproveitar as oportunidades ou afrontar as consecuencias.

As medidas de adaptación perseguen o obxectivo de moderar os danos posibles, aproveitar as oportunidades ou afrontar as consecuencias. Para afrontar esta adaptación deben coordinarse medidas promovidas dende distintos ámbitos e intereses, de feito hai que coordinar as distintas administracións, así como intereses públicos e privados.

A realización da estratexia demostra a concienciación dos Concellos de Rois e Dodro na necesidade de incluír o cambio climático como unha das variables que estarán presentes nas súas políticas.

O documento utiliza como base a “Guía para la elaboración de Planes Locales de Adaptación al Cambio Climatico” realizada pola Fegamp, e os obxectivos perseguidos son os seguintes:

  • Fortalecer a capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático dos diferentes sectores do concello e potenciar o consumo enerxético racional, a redución de emisións de GEI e a loita contra o cambio climático nos plans e políticas municipais.
  • Elaborar e centralizar a información e documentación referente aos efectos do cambio climático a nivel do concello, e aumentar a información e concienciación da cidadanía.
  • Recompilar o coñecemento sobre os efectos do cambio climático e as súas consecuencias sobre o medio natural, os asentamentos de poboación e a sociedade.
  • Establecer prioridades e concertar esforzos en medidas de adaptación contra os futuros efectos do cambio climático.
  • Establecer unha serie de indicadores, que deberán servir para avaliar o funcionamento da estratexia de adaptación sobre os diferentes sectores do concello.

O resultado final da estratexia pretende ser un documento aberto e adaptable que aporta información sobre aspectos importantes con respecto a loita e adaptación do concello ao cambio climático, sendo principalmente: a definición do escenario climático futuro, o estudo dos elementos clave do concello e a valoración da súa vulnerabilidade, a información sobre as posibles medidas de adaptación e os indicadores para o seguimento e control dos plans, políticas e programas implantados.

pe de paxina