O SÁBADO 3 DE DECEMBRO TES UNHA CITA EN ROIS

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

Decembro arranca con teatro. O sábado 3 ás 8 da tarde no auditorio municipal de Rois, temos unha cita con Teatro Ariños e a súa obra, Hoxe non se paga!!

hoxe non se paga

Hoxe non se paga! é a versión airiños do clásico de Darío Fo, Non si paga! Non si paga!, estreada en 1973, que centra a súa temática nas dificultades da clase obreira para sobrevivir economicamente nunha situación de crise e inflación descontrolada. A protagonista da obra, á vista da subida incontrolada dos prezos, decide, xunto con outras mulleres, non pagar no supermercado dado que os prezos non son xustos. Este suceso desencadea unha boa chea de situacións rocambolescas nas que interveñen personaxes a cada cal máis simpático e divertido que provocan escenas hilarantes. Na versión de Airiños, a farsa trasládase aos nosos tempose, por suposto, á nosa terra.

O Grupo de Teatro Airiños naceu alá polo ano 33 en Asados (Rianxo). Airiños recibe o premio da Cultura Galega das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933, que o converte na máis lonxevo de Galicia. Súmanse a este premio no 2013 o recoñecidísimo Pedrón de Ouro e o premio Aurosán do Ano na categoría de cultura.