CHIOS - TEATRO DA SEMENTE

Atención, abrir en una nueva ventana. Imprimir

PARA FAMILIAS DE NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS, NON O PERDADES! A CITA, VENRES 16 ÁS 6 DA TARDE NO AUDITORIO MUNICIPAL DE ROIS

cartel chios

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña.

Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.

CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais e nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.