Presentación do Curso de Monitor de Fútbol Base de Rois

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

A Escola de Adestradores organiza un novo Curso de Monitor de Fútbol Base na localidade de Rois, que se impartirá entre os días 28 de novembro e 16 de decembro

pres curso futbol base

A Escola de Adestradores da RFGF impartirá un novo curso de Monitor de Fútbol Base, nesta ocasión na localidade coruñesa de RoisO curso foi presentado nun acto no que participaron o director da Escola, Manu Mosquera; o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens; o presidente do C.D. Rois, Ramón Carou Góez, e o directivo do club José Gracía Pérez.As clases desenvolveranse entre os días 28 de novembro e 16 de decembro, cun horario entre semana de 20:00 a 23:00 horas e os sábados e festivos de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas.A sala de xuntas do Edificio Multiusos de Rois acollerá as clases teóricas, mentres que o campo da Braña será o escenario das clases prácticas.O curso de Monitor de Fútbol Base ten unha carga lectiva de 65 horas, distribuídas nas seguintes materias:

CURSO MONITOR: ÁREAS Y CARGA LECTIVA (horas teóricas y prácticas)
MATERIA HORAS
ANÁLISIS 22 h 10 h
EVOLUCIÓN DEL FÚTBOL 4 h
CREACIÓN DE EQUIPOS 4 h
INSTRUCCIÓN. Entrenamiento de Porteros 4 h
PERIODIZACIÓN 16 h 5 h
SESIONES DE ENTRENAMIENTO 5 h
FILOSOFÍA DIDÁCTICA DEL FÚTBOL 3 h
ORIENTACIÓN A JUGADORES 3 h
LIDERAZGO 8 h 3 h
PSICOLOGÍA 3 h
ÉTICA DEPORTIVA 2 h
FISIOLOGÍA, NUTRICIÓN Y MEDICINA DEL FÚTBOL 6 h
GESTIÓN DE CLUB 3 h
REGLAS DE JUEGO 6 h
TECNOLOGÍA Y FÚTBOL 4 h
TOTAL CARGA 65 h


O prezo total do curso é de 150 euros. Ofértanse un máximo de 35 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición.A matrícula, que xa está aberta, pode facerse a través do noso FORMULARIO DE INSCRICIÓN ONLINE
Podedes consultar todos os detalles sobre o curso descargando a CONVOCATORIA.