SOPA DE SAPO. VENRES 15 DE DECEMBRO ÁS 19.00H. AUDITORIO MUNICIPAL DE ROIS

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

cartel sopa de sapo

Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.

sopa4

A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:

- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!
- Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.

sopa6