Aulas de Apoio Educativo

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

cabecera xunta ue crois

Aulas de apoyo educativo
Operación cofinaciada por la Unión Europea
Programa operativo FSE 2014-2020
Programa complementario de educación y apoyo familiar dirigido a la inclusión social de menores a cargo.

El FSE invierte en tu futuro

Dende o pasado mes de xaneiro, o concello de Rois crea un espazo de intervención socioeducativo para menores en risco de exclusión social. Son as aulas de apoio educativo que nacen como un programa complementario de educación e apoio familiar dirixido á inclusión social de menores a cargo.
No concello de Rois existe un colectivo de menores con fracaso escolar e con maior risco de exclusión social. Os ss.ss comunitarios xunto cos dous departamentos de orientación escolar dos centros educativos do Concello, detectamos a necesidade de programar accións de apoio educativo para estes alumnos que, polas súas particulares circunstancias, sufren carencias para acceder a apoios deste tipo. Estas accións tamén abordan transversalmente cuestións de xénero e igualdade: a corresponsabilidade, o rexeitamento a estereotipos machistas, reflexións sobre os roles masculilno e feminino, etc… E tamén, modelos de relación positivos, normalizados e saudables.
As familias destinatarias do programa responden a criterios de precariedade económica, déficitis para proporcionar os apoios educativos básicos, monoparentalidade ou con medidas de apoio técnico por parte do programa de educación familiar municipal con menores escolarizados.
O obxectivo do programa é introducir cambios nas dinámicas do reforzo escolar para rentabilizar o tempo adicado a este tipo de tarefas. Non so se reforza se non que tamén se ensinan técnicas de estudio aos menores e aos pais.
O programa está desenvolvido por unha psicóloga que traballa con tres grupos de menores en función dos dous centros escolares que hai no concello. As idades do alumnado inclúen tódalas etapas dende infantil, primaria e secundaria