REVISIÓN CATASTRAL DO MINISTERIO DE FACENDA

Atención, ábrese nunha nova fiestra. Imprimir

O Ministerio de Facenda e Función Pública acaba de realizar un traballo de campo relativo ao procedemento de REGULARIZACIÓN CATASTRAL.
Con este motivo e para informar as persoas que recibiron unha carta certificada de Catastro sobre este tema, desprazarase ao edificio multiúsos de Rois D. Arturo Calvo Tarrío, persoa contratada polo Concello para resolver as dúbidas xurdidas.

  • Lugar: edificio multiúsos do concello de Rois
  • Días: 16, 18, 21, 22 e 23 de maio de 2018
  • Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.00